Día internacional da muller. Dentro dos numerosos actos que tiveron lugar no noso entorno con motivo da conmemoración deste día, o noso centro quixo participar. Despois de escoitar música de diversas intérpretes galegas, varias alumnas de 2º ESO leron unha interesante reflexión, que elas mesmas elaboraron, sobre o papel da muller na sociedade actual e sobre os dereitos que non debemos esquecer.
Cartaz elaborado polo alumnado na aula de PT
Ningún comentario:
Publicar un comentario