domingo, 26 de xaneiro de 2020

Qu´est-ce qu´on a encore fait au bon Dieu

24 de xaneiro, mañá de cine en francés nos cines de Narón. Máis de 150 alumnos e alumnas de francés do centro asisten á proxección desta película.


A vampire story

17 de xaneiro, mañá de teatro en inglés na sede de Afundación en Ferrol coa proposta teatral A vampire story inspirada no clásico de Drácula de Bram Stoker. Unha versión auténtica, extravagante e divertida na que se precisou moito da colaboración do público entre o que se atopaba o alumnado de 3º ESO do IES Breamo.




III Semana de esquí en Andorra

Por terceiro ano consecutivo o alumnado de 1º Bac, a través do seminario de educación física, tivo a posibilidade de participar neste mes de xaneiro, nunha semana de práctica de esquí en Andorra, unha oportunidade e unha experiencia que non van esquecer.






domingo, 19 de xaneiro de 2020

Romeo e Xulieta


Alumnado de 2º ESO e 4ºESO música, asistiu o pasado 17 de xaneiro á representación da obra Romeo e Xulieta de Prokofiev no auditorio de Galicia en Santiago. Coa interpretación da orquestra Real Filarmonía de Galicia e a compañía de monicreques Per poc.

martes, 14 de xaneiro de 2020

Encontro de correspondentes xuvenís en Gandarío


O pasado mes de decembro entre os días 13 e 15, un grupo de seis rapaces e rapazas de 3º ESO que colaboran no programa de Correspondentes Xuvenís, paticiparon nun encontro en Gandarío entre correspondentes de toda Galicia, no que intercambiaron ideas e propostas a realizar nos diferentes centros.








xoves, 2 de xaneiro de 2020

Publicación das curtametraxes

Publicación das curtametraxes , na web de Vidas mariñeiras.
Herdeira creada por alumnado de 4º ESO


En Pontedeume, o oficio de mariscadora viviu tempos mellores, pero iso non impide que a nosa protagonista sinta unha atracción inexplicable polo mar. Creceu xunto á ría e o legado de paixón e fatiga desas mulleres fai que regrese, unha e outra vez, ao mesmo lugar.


20 de decembro de 2019

Aquí podedes ver unha breve crónica do último día deste trimestre no que celebramos a 1ª fase do  Concurso de artes escénicas, a final do Campionato de futbol, fixemos públicos os gañadores do concurso Ilustra unha palabra e para rematar a nosa  Festa de Nadal no vestíbulo do instituto.
Feliz e própero 2020 a tod@s



Gañadores do campionato de futbol

Premiadas no concurso organizado pola biblioteca 
 Ilustra unha palabra