martes, 30 de abril de 2019

25 anos de redes xuvenís e musiqueando 2019

O pasado 12 de abril fomos invitados polo espazo xove de Pontedeume a participar na celebración dos 25 anos de redes xuvenís. Ese mesmo día tivo lugar o musiqueando 2019, iniciativa que se desenvolve a nivel de institutos para sacar a música á rúa.




martes, 23 de abril de 2019

II xornadas de orientación en Ferrol

Alumnado de 3º e 4º ESO do noso centro, visitou o pasado 10 de abril, as II xornadas de orientación académica e profesional que tiveron lugar no auditorio de Ferrol e no que participaron preto dunha trintena de centros da zona informando da súa oferta formativa.






XX Edición do salón do libro infantil e xuvenil

O pasado 8 de abril, o alumnado de 2º ESO visitou e participou nas actividades promovidas polo salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra, que na súa XX edición tivo como temática a revolución.


 


 


domingo, 7 de abril de 2019

Viaxe a Londres. 4º ESO.

O alumnado de 4º ESO realizou entre o 29 de marzo e o 2 de abril a súa viaxe fin de etapa, que nesta ocasión foi a Londres, aquí queda unha lembranza.





Podedes ver todas as fotos na seguinte ligazón: