luns, 28 de xuño de 2021

FIN DA ESO

 Un ano máis unha nova promoción remata os estudos da ESO. Parabéns a todos e todas e moito ánimo para continuar na nova etapa que decidades iniciar.







Premios EDLG de podcast, microrrelatos e videopoemas

 O pasado 21 de xuño entregáronse os premios aos concursos organizados polo departamento de dinamización lingüística, de microrrelatos, podcast e video poemas. Parabéns a todos eles!



xoves, 24 de xuño de 2021

Coronabreamo, o que non esqueceremos

 O pasado día 22, despedimos o curso cun  audiovisual no que se recolleron diferentes traballos e actuacións realizadas ao longo do curso. Un deses traballos é a curtametraxe "Coronabreamo, o que non esqueceremos", realizada coa colaboración de toda a comunidade educativa, un testimonio da situación vivida neste curso 20-21.