domingo, 20 de outubro de 2019

Paula Carballeira cóntanos historias arrepiantes

O pasado 16 de outubro a actriz Paula Carballeira estivo no centro animando a todo o alumnado a participar na edición Tíralle da lingua deste ano. Por iso, facendo gala do boa contadora de historias que é, mesmo nos fixo tremer cos contos que nos contou.




domingo, 13 de outubro de 2019

Recibimento na casa da cultura


Agradecemos ao concello o recibimento, o pasado 8 de outubro, ao alumnado francés (de Plabennec en Bretaña) que estes días está na nosa vila, realizando intercambio con alumnado do IES Breamo.




Entrevista a Joana Carneiro

O pasado 27 de setembro, alumnado de 1º Bac e 4º ESO entrevistou a Joana Carneiro, directora de orquestra que interpretou, xunto coa Orquestra Real Filarmonía, obras de tchaikovski e Adams o pasado 27 de setembro no auditorio de Ferrol.






mércores, 2 de outubro de 2019

Agradecemento

A ONG Save the children agradece a toda a comunidade educativa ter participado na carreira  Quilometros de solidariedade e así colaborar na defensa dos dereitos da infancia.
Aproveitamos a ocasión para dar a tod@s a benvida ao novo curso escolar 19/20.