martes, 30 de xuño de 2020

"Herdeira" na casa da cultura

O pasado 25 de xuño tivo lugar, con aforo limitado e organizado polo concello de Pontedeume, a proxección na casa da cultura, da curtametraxe  Herdeira, creada por alumnado de 4º ESO como proxecto na materia de música, coa colaboración do departamento de tecnoloxía.
Esta curtametraxe enmárcase dentro do grupo de curtas do proxecto de creación audiovisual "Vidas mariñeiras" promovido polo GALP (grupo de acción costeira do Golfo Ártabro norte), que trata de poñer en valor o mundo do mar a través da creación audiovisual nos centros educativos.
Agradecemos a colaboración das mariscadoras de Pontedeume, a quen foi adicada a curta, á cofradía de pescadores, á biblioteca municipal Ramiro Fonte, ao concello e a todos os que axudastes a sacar adiante este traballo.


luns, 29 de xuño de 2020

Arjé teatro: premio especial á mellor adapatación

O grupo de teatro Arjé obtivo hai poucos días o "Premio especial do xurado á mellor adaptación" na fase autonómica dos XVII premios Buero de teatro xuvenil por  La zapatera caprichosa adaptación de La zapatera prodigiosa de Federico García Lorca. Esta peza xa fora levada á escena no 2018, pero non foi presentada ao certame ata este curso, no que a pandemia e o conseguinte confinamento truncaron os ensaios de "A visita do rancor" de F. Dürremat.
En setembro, se as condicións sanitarias o permiten, Arjé teatro rematará os ensaios e levará a cabo as funcións para o colectivo do IES Breamo.



PARABENS!!!