martes, 17 de maio de 2022

Presentación do libro de Miguel Rodríguez Carnota

Martes 10 de maio, o noso compañeiro e antigo profesor, Miguel Rodríguez Carnota, presentounos o seu libro,  Lingua , poder e adolescencia.



Publicación da revista Os Arcos

 Coincidindo coa data tan sinalada das letras galegas 2022, o noso centro a través do departamento de dinamización lingüística, saca á luz a revista Os Arcos con publicacións moi interesantes levadas a cabo por alumnado de bacharelato. Unha excelente nova para o IES Breamo!












O Bosque Animado

 Para celebrar os 20 anos da creación da película de animación,  O Bosque animado, o concello de Pontedeume na casa da cultura albergou unha interesante exposición ilustrando este logro. Os directores Manolo Gómez e Ángel de la Cruz fixeron a estrea no ano 2001, esta producción cinematográfica foi merecedora de dous premios Goya e ademáis foi seleccionada para os premios Oscar. Unha producción, baseada na obra de Wenceslao Fernández Florez, enteiramente feita en Galicia. O pasado 9 de maio alumnado de 4º ESO das materias de plástica e música, foi invitado a participar nunha charla que o propio Manolo Gómez ofreceu sobre a súa creación.







domingo, 8 de maio de 2022

En favor da infancia. De Ponte a Ponte.

 Como todos vós sabedes, rematamos xa todas as xornadas da etapa do Camiño de Santiago entre Pontedeume e Pontebaxoi. As aportacións que entre todos fixestes en favor da infancia na guerra de Ucrania, sumaron 1983 euros. #IESBreamo


Marzo-Abril 2022. O IES Breamo de Pontedeume realiza a etapa Pontedeume-Pontebaxoi do Camiño de Santiago,con todo o seu alumnado empregando tres xornadas diferentes. Un camiño entre dúas das sete pontes que Fernán Pérez de Andrade O Bóo mandara construir no S. XIV. Esta iniciativa foi feita en favor da infancia en Ucrania, a través da asociación Save the Children, e os cartos recaudados na inscrición foron destinados a este fin.




Doces de Túnez

 O 29 de abril puidemos disfrutar no centro, a través do departamento de francés, e coa axuda de Firas o noso auxiliar de conversa, dunha degustación de doces tunecinos. Deliciosos!!! 






domingo, 1 de maio de 2022

Dous premios para os satélites do IES Breamo

 Como moitos de vós sabedes un grupo de doce alumnos e alumnas de 1º Bac, nunha actividade do departamento de tecnoloxía, leva meses traballando no proxecto de creación de satelites, que leven a cabo unha serie de medicións na súa traxectoria, e con dúas misións complementarias, un levaba un módulo de electrolisis e outro espallaba sementes. Creáronse entre eles, dous equipo que participaron, o pasado 28 de abril, na fase galega do certame de lanzamento de satélites CanSat, promovido pola Axencia Espacial Europea, acadando dous galardóns: ao logro técnico e o recoñecemento á mellor difusión e patrocinio. Todo un orgullo para o noso centro!

Voz de Galicia

Diario de Ferrol






Musiqueando no mercado de Pontedeume

 O noso centro participou nas actividades de Musiqueando 2022, promovidas pola COAEM (Confederación de asociaciones de enseñanza musical), e o día 28 de abril saiu cun grupo de alumnas e alumnos á rúa, para mostrar o traballo que se fai na aula. Aquí podedes ver un resumo.