domingo, 20 de xaneiro de 2019

Semana de esquí en Andorra

Durante esta pasada semana un grupo de alumnas e alumnos de 1º Bac, puideron disfrutar dunha actividade de aprendizaxe de esquí en Andorra organizada polo departamento de educación física.
De seguro será unha experiencia que non esquecerán.






domingo, 13 de xaneiro de 2019

Dende Buenos Aires, Castelao maxistral.

Dende Buenos Aires chéganos A derradeira lección do mestre , óleo de Castelao que temos a ocasión de visitar ata o próximo mes de marzo no GAIÁS. Dentro dunha exposición que amosa o labor e o grande interese de Castelao en favor da educación pública de calidade e da lingua galega.
Con música de Piazzolla, queremos lembrar esta visita o 8 de xaneiro, co alumnado de 3º e 4º ESO.



xoves, 3 de xaneiro de 2019

21 de decembro. Celebramos o Nadal.


O venres 21 de decembro celebramos o Nadal no centro. Tivemos a final do campionato de futbol, concurso de artes escénicas con excelentes representantes, e para rematar,  cancións, panxoliñas e actuacións. Grazas a todos pola vosa participación!!!