Dirixidos por Fernando López Briones, director do coro Gaos e coro Gaos xuvenil.
sábado, 23 de marzo de 2019
Ensaio coral no CMUS Xan Viaño de Ferrol
21 de marzo. Varias compoñentes do coro do Breamo asisten a un ensaio coral conxunto, con outros centro da zona (IES Terra de Trasancos, IES Sofía Casanova, IES Carballo Calero).
Dirixidos por Fernando López Briones, director do coro Gaos e coro Gaos xuvenil.
Dirixidos por Fernando López Briones, director do coro Gaos e coro Gaos xuvenil.
domingo, 17 de marzo de 2019
Estudantes en defensa da natureza
14 de marzo, o grupo de correspondentes xuvenís sensibilízase coa preocupación crecente entre os xóvenes polo clima e o medio ambiente, e comparte esta inquietude co resto do alumnado.
Teatro clásico e visita ao castro de Viladonga
O pasado 12 de marzo o alumnado de latín, grego e cultura clásica, xunto cos compoñentes do grupo Arjé, asistiron un ano máis á Mostra de teatro clásico de Lugo. Completando a xornada coa visita ao castro de Viladonga.
sábado, 16 de marzo de 2019
8 de marzo
Día internacional da muller. Dentro dos numerosos actos que tiveron lugar no noso entorno con motivo da conmemoración deste día, o noso centro quixo participar. Despois de escoitar música de diversas intérpretes galegas, varias alumnas de 2º ESO leron unha interesante reflexión, que elas mesmas elaboraron, sobre o papel da muller na sociedade actual e sobre os dereitos que non debemos esquecer.
Cartaz elaborado polo alumnado na aula de PT
Visita á refinería da Coruña
27 de febreiro. Visita a este destacado complexo industrial, do alumnado de bacharelato coa materia de tecnoloxía industrial.
Enxeñería xenética na Domus
O pasado 26 de febreiro, o alumnado de bioloxía de 4º ESO fixo unha visita á Domus tendo a ocasión de participar nunha práctica de enxeñería xenética.
luns, 4 de marzo de 2019
Entroido 2019!!!
Nestas estábamos cando chegou o entroido, e despois de cumplir todos os mandados do meco, tivemos unha grande e divertida celebración coa fantástica participación de todos e todas. Segunda fase do concurso de artes escénicas, competicións deportivas e concurso de disfraces. Todo esto sen esquecer a venda de filloas e outras doces que o alumnado de 4º fixo para financiar a súa próxima viaxe de fin de etapa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)