Alumnado de 2º ESO e 4ºESO música, asistiu o pasado 17 de xaneiro á representación da obra Romeo e Xulieta de Prokofiev no auditorio de Galicia en Santiago. Coa interpretación da orquestra Real Filarmonía de Galicia e a compañía de monicreques Per poc.
domingo, 19 de xaneiro de 2020
martes, 14 de xaneiro de 2020
Encontro de correspondentes xuvenís en Gandarío
O pasado mes de decembro entre os días 13 e 15, un grupo de seis rapaces e rapazas de 3º ESO que colaboran no programa de Correspondentes Xuvenís, paticiparon nun encontro en Gandarío entre correspondentes de toda Galicia, no que intercambiaron ideas e propostas a realizar nos diferentes centros.
xoves, 2 de xaneiro de 2020
Publicación das curtametraxes
Publicación das curtametraxes , na web de Vidas mariñeiras.
Herdeira creada por alumnado de 4º ESO
En Pontedeume, o oficio de mariscadora viviu tempos mellores, pero iso non impide que a nosa protagonista sinta unha atracción inexplicable polo mar. Creceu xunto á ría e o legado de paixón e fatiga desas mulleres fai que regrese, unha e outra vez, ao mesmo lugar.
20 de decembro de 2019
Aquí podedes ver unha breve crónica do último día deste trimestre no que celebramos a 1ª fase do Concurso de artes escénicas, a final do Campionato de futbol, fixemos públicos os gañadores do concurso Ilustra unha palabra e para rematar a nosa Festa de Nadal no vestíbulo do instituto.
Feliz e própero 2020 a tod@s
Gañadores do campionato de futbol
domingo, 29 de decembro de 2019
Presentamos a curtametraxe "Herdeira" no Teatro Jofre.
Por terceiro ano consecutivo, o alumnado do IES Breamo participa no programa de creación audio visual Vidas mariñeiras. O pasado 19 de decembro tivo lugar a presentación das curtametraxes no teatro Jofre en Ferrol.
Vidas mariñeiras é un programa de formación audiovisual impulsado polo GALP (grupo de acción local pesqueira do golfo ártabro norte), co obxectivo de achegar o mundo do mar aos máis novos.
Nesta edición participaron tamén o IES Ferrol Vello, CPI As Mirandas de Ares, IES Terra de Trasancos de Narón e IES de Mugardos.
Parabéns a todos eles e especialmente ao alumnado de 4º ESO do noso centro que participou no proxecto.
Vidas mariñeiras é un programa de formación audiovisual impulsado polo GALP (grupo de acción local pesqueira do golfo ártabro norte), co obxectivo de achegar o mundo do mar aos máis novos.
Nesta edición participaron tamén o IES Ferrol Vello, CPI As Mirandas de Ares, IES Terra de Trasancos de Narón e IES de Mugardos.
Parabéns a todos eles e especialmente ao alumnado de 4º ESO do noso centro que participou no proxecto.
xoves, 19 de decembro de 2019
martes, 17 de decembro de 2019
O Nadal no Breamo
Concurso ilustra unha palabra, sorteo dunha cesta de Nadal (Excursión 4º ESO), estrelas colgantes e por suposto, a árbore de Nadal.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








