12 de febreiro. Proxección, na casa da cultura de Pontedeume, das curtametraxes de vidas mariñeiras do IES de Canido de Ferrol Atlántico de plástico e do IES Breamo Abrir os ollos. Proxectouse tamén a curta Entre o río e o mar elaborada por alumnado de 3ºESO do noso centro no pasado curso, gañadora do premio ao mellor guión en OUFF Escola (Festival de cine de Ourense 2018)
No seguinte enlace podedes ver todos os traballos:
O pasado 6 de febreiro todo o alumnado de francés da ESO e bacharelato, tivo a oportunidade de asistir á proxección da película Le grand bain, en sesión de mañá para o noso centronos cines de odeón.
30 de xaneiro, día da paz.Na biblioteca traballouse para facer as pombas que decoraron o vestíbulo. Un grupo de correspondentes xuvenís de 3º e 4º ESO informou ao resto do alumnado, da próxima carreira que terá lugar no centro, no mes de abril, en favor da organización Save the children.
Durante a semana do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro, servicios sociais do concello achegou ao centro unha exposición sobre o cannabis, que se completou con charlas para alumnos da ESO sobre substancias prexudiciais.
Durante esta pasada semana un grupo de alumnas e alumnos de 1º Bac, puideron disfrutar dunha actividade de aprendizaxe de esquí en Andorra organizada polo departamento de educación física. De seguro será unha experiencia que non esquecerán.
Dende Buenos Aires chéganos A derradeira lección do mestre , óleo de Castelao que temos a ocasión de visitar ata o próximo mes de marzo no GAIÁS. Dentro dunha exposición que amosa o labor e o grande interese de Castelao en favor da educación pública de calidade e da lingua galega. Con música de Piazzolla, queremos lembrar esta visita o 8 de xaneiro, co alumnado de 3º e 4º ESO.
O venres 21 de decembro celebramos o Nadal no centro. Tivemos a final do campionato de futbol, concurso de artes escénicas con excelentes representantes, e para rematar, cancións, panxoliñas e actuacións. Grazas a todos pola vosa participación!!!