xoves, 28 de abril de 2022

Matemáticas na raia

 O pasado xoves día 21 de abril un grupo de alumnos e alumnas de 3º da ESO participou na fase rexional do concurso Matemáticas na Raia.

Trátase de un concurso de resolución de problemas por equipos que se desenvolve en Galicia e o norte de Portugal

Esta actividade ten carácter anual e fomenta o traballo colaborativo, participando nela clases de 3º ESO en Galicia e 9º Grao en Portugal.

A proba consiste en resolver, en hora e media, cinco problemas matemáticos. Realízase o mesmo día, á mesma hora e cos mesmos enunciados en todos os centros participantes.



Intercambio con Cesis

O pasado 20 de abril, alumnado de 1º ESO realizou un intercambio con alumnado dun centro en Cesis (Letonia). Mantiveron unha conversa por videoconferencia e quedaron de repetila a finais de maio, onde o noso alumnado presentará un vídeo sobre Pontedeume.