martes, 18 de xaneiro de 2022

2º premio no "Tíralle da lingua 2021"

 Lidia Chapel Fernández e Carolina López Cabarcos foron as gañadoras na final do "TÍRALLE DA LINGUA" no IES Breamo co relato oral "Quince minutos" e representaron ao centro na final intercentros da vixésima edición do “TÍRALLE DA LINGUA”, recibindo o segundo premio no nivel do 1º, 2º e 3º de ESO.



 

                                                                        PARABÉNS PARA AS DÚAS!!!


Obradoiros de Haiku

 Dando ás á imaxinación, os rapaces de 1º ESO déixannos estes marabillosos haikus creados nas clases de lingua galega e lingua castelá.




domingo, 9 de xaneiro de 2022

Celebracións de Nadal

 21 de decembro. Último día do trimestre, celebramos a chegada das dexesadas vacacións de Nadal con concursos diversos de decoración navideña e tamén de artes escénicas, todos eles cunha MAGNÍFICA! participación por parte de todo o alumnado, que desbordou todas as previsións. Grazas a toda a comunidade educativa e Feliz 2022!!!






Obradoiros de saude

 Durante os meses de novembro e decembro tiveron lugar nas aulas de 2º e 3º ESO, obradoiros de emocións e saude organizados polo departamento de orientación.







Paulina Ceremuzynska. As cantigas medievais.

17 de decembro. A soprano Paulina Ceremuzynska ofrece un interesante concerto conferencia ao alumnado de bacharelato sobre as cantigas da lírica galaico portuguesa. Foi unha actividade organizada polos departamentos de lingua galega e música.