Hoxe regresaron os alumnos de 4º ESO que viaxaron a Madrid na excursión de fin de curso. Fotos xeniais como mostra dunha viaxe seguro, inolvidable.
xoves, 30 de xuño de 2022
sábado, 25 de xuño de 2022
Despedimos o curso
O pasado 22 de xuño, a petición dun grupo de rapaces de 1º ESO B que tiveron a iniciativa, despedimos o curso dun xeito espontáneo e moi cariñoso grazas á simpatía e xenerosidade de todas as actuacións. Feliz verán a todos!!!
Traballos realizados dentro do programa IES SaúdeBreamo
Durante todo este curso 21/22, o centro estivo inmerso no programa IES SaúdeBreamo "O centro como dinamizador de hábitos de vida saudable" tratando de sementar a idea de que as nosas accións, tanto a título individual como colectivo, son fundamentais para facer posibles os cambios, mellorando a situación global e os nosos hábitos.
Estas son diversas mostras dos traballos que se levaron a a cabo polo alumnado, dende os diferentes departamentos:
Localizacións para quedadas deportivas 1º ESO
Localizacións para quedadas deportivas 2º ESO
Infografías sobre o uso saudable das TIC 1 2 3 4
Health sport and diet 1º bac 2º bac
Visita ao mercado municipal de Pontedeume
domingo, 19 de xuño de 2022
Xogos na praia
Durante dúas xornadas deste mes de xuño, o alumnado de 1º e 2º ESO, tivo a ocasión de disfrutar dun día de deporte e diversión na praia de Cabanas (piragüismo, padle surf, e outros xogos) organizada polo departamento de Educación Física.
martes, 14 de xuño de 2022
Hay un muerto en el salón!!!
Un ano máis o grupo de teatro Arjé Breamo fainos disfrutar cunha nova representación. Nesta ocasión trátase da adaptación da obra de Jardiel Poncela, "El cadaver del señor García".
Parabéns a todo o elenco e á dirección escénica!
xoves, 26 de maio de 2022
martes, 17 de maio de 2022
Presentación do libro de Miguel Rodríguez Carnota
Martes 10 de maio, o noso compañeiro e antigo profesor, Miguel Rodríguez Carnota, presentounos o seu libro, Lingua , poder e adolescencia.
Publicación da revista Os Arcos
Coincidindo coa data tan sinalada das letras galegas 2022, o noso centro a través do departamento de dinamización lingüística, saca á luz a revista Os Arcos con publicacións moi interesantes levadas a cabo por alumnado de bacharelato. Unha excelente nova para o IES Breamo!
O Bosque Animado
Para celebrar os 20 anos da creación da película de animación, O Bosque animado, o concello de Pontedeume na casa da cultura albergou unha interesante exposición ilustrando este logro. Os directores Manolo Gómez e Ángel de la Cruz fixeron a estrea no ano 2001, esta producción cinematográfica foi merecedora de dous premios Goya e ademáis foi seleccionada para os premios Oscar. Unha producción, baseada na obra de Wenceslao Fernández Florez, enteiramente feita en Galicia. O pasado 9 de maio alumnado de 4º ESO das materias de plástica e música, foi invitado a participar nunha charla que o propio Manolo Gómez ofreceu sobre a súa creación.
domingo, 8 de maio de 2022
En favor da infancia. De Ponte a Ponte.
Como todos vós sabedes, rematamos xa todas as xornadas da etapa do Camiño de Santiago entre Pontedeume e Pontebaxoi. As aportacións que entre todos fixestes en favor da infancia na guerra de Ucrania, sumaron 1983 euros. #IESBreamo
Marzo-Abril 2022. O IES Breamo de Pontedeume realiza a etapa Pontedeume-Pontebaxoi do Camiño de Santiago,con todo o seu alumnado empregando tres xornadas diferentes. Un camiño entre dúas das sete pontes que Fernán Pérez de Andrade O Bóo mandara construir no S. XIV. Esta iniciativa foi feita en favor da infancia en Ucrania, a través da asociación Save the Children, e os cartos recaudados na inscrición foron destinados a este fin.