O centro oficial de información da comisión europea na Coruña, Europe Direct, ofertou ao noso centro unha charla sobre as posibilidades que as organizacións europeas facilitan aos máis xóvenes. Dirixida, o día 26 de novembro pola antiga alumna, Sonia López Villar, que leva anos traballando para a unión europea en Bruselas. O programa que promove esta actividade, recibe o nome de Back to school (antigos alumnos/as voltan e explican as súas experiencias nas institucións europeas). Resultou unha charla moi amena e interesante, que contou con gran participación por parte do alumnado de 2º Bac.
mércores, 8 de decembro de 2021
25 de novembro diante do concello
Un ano máis o noso centro acude á cita diante do concello para rexeitar á violencia de xénero. O alumnado de 2º ESO creou ademáis, unhas fantásticas ilustracións e frases que deixaron boa proba da súa implicación, e que permanecen expostas na entrada do instituto.
domingo, 21 de novembro de 2021
O IES BREAMO EN BREAMO
Durante este mes de novembro, o departamento de Educación Física organiza varias subidas ao monte Breamo para o alumnado da ESO
mércores, 3 de novembro de 2021
Samaín
É tempo de Samaín, volven as cabazas, as castañas, as follas das árbores coas cores do outono. Rapazas e rapaces de diferentes cursos, nunha actividade da biblioteca, traballaron na elaboración desta pequena recreación...con pantasmas incluidos!
Ademáis o alumnado de obradoiro coral de 1º ESO cantou a canción "Compañeira" de Fuxan os Ventos
martes, 2 de novembro de 2021
As mulleres lectoras na arte
Con motivo do día das bibliotecas 2021, que tivo lugar o domingo 24 de outubro, temos no centro a exposición "Mulleres lectoras", prestada polo IES Fraga do Eume e creada polas profesoras Marisa Areal e Glafira Fernández-Campoamor . Varios grupos en diferentes clases, fixeron visita da mesma.
domingo, 31 de outubro de 2021
Poesía no Courel
O 19 de outubro, un grupo de rapaces e rapazas de 1º bac, foi invitado pola fundación Uxío Novoneyra para visitar a casa do poeta e levar a cabo un obradoiro de poesía, este foi o reultado
martes, 5 de outubro de 2021
Na gala de entrega de premios Ouff escola 2021
O pasado 27 de setembro tivo lugar a entrega de premios Ouff escola, para que unha vez máis fomos seleccionados como finalistas pola curtametraxe Herdeira, realizada polo alumnado de 4º ESO na clase de música no curso 19/20 dentro do programa Vidas Mariñeiras, promovido polo grupo de acción costeira do Golfo Ártabro norte. Este ano realizouse de forma virtual, e ainda que non gañamos premio, fíxonos moita ilusión.
luns, 28 de xuño de 2021
FIN DA ESO
Un ano máis unha nova promoción remata os estudos da ESO. Parabéns a todos e todas e moito ánimo para continuar na nova etapa que decidades iniciar.
Premios EDLG de podcast, microrrelatos e videopoemas
O pasado 21 de xuño entregáronse os premios aos concursos organizados polo departamento de dinamización lingüística, de microrrelatos, podcast e video poemas. Parabéns a todos eles!
xoves, 24 de xuño de 2021
Coronabreamo, o que non esqueceremos
O pasado día 22, despedimos o curso cun audiovisual no que se recolleron diferentes traballos e actuacións realizadas ao longo do curso. Un deses traballos é a curtametraxe "Coronabreamo, o que non esqueceremos", realizada coa colaboración de toda a comunidade educativa, un testimonio da situación vivida neste curso 20-21.
luns, 31 de maio de 2021
NOVO PREMIO PARA ARJÉ BREAMO
O grupo de teatro Arjé ven de conseguir este fin de semana o premio ao mellor traballo actoral do elenco, coa obra realizada o pasado curso, "A visita do rancor", na fase autonómica dos premios Buero de teatro xoven.
Parabéns a todo o grupo!!!
domingo, 30 de maio de 2021
PROMOCIÓN 2015-2021
Unha nova promoción remata o seu paso polo centro. Despedímolos con moito cariño o pasado 28 de maio na casa da cultura. Moitos parabéns rapaces e rapazas!!!
A CURTA "HERDEIRA" FINALISTA NO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI
A curta creada durante o pasado curso por alumnado de 4º ESO, dentro do proxecto Vidas mariñeiras, impulsado polo GALP (Grupo de acción costeira do golfo ártabro norte) quedou finalista na presente edición do festival audiovisual Olloboi.
MUSIQUEANDO 2021
Alumnado de 1º e 2º bac, participa este ano na iniciativa organizada pola asociación española de ensinanzas musicais (COAEM), chamada musiqueando. Iniciativa que trata de achegar o traballo desenvolvido nas aulas de música á rúa, e que este ano por mor da covid, realízase de maneira virtual.
1º ESO VISITA CALDOVAL
Despois de máis de doce meses sen facer ningunha saida do centro, rompemos por fin este "confinamento" e o alumnado de 1º ESO pode disfrutar dunha visita ao centro arqueolóxico de Caldoval, e coñecer a existencia das antigas termas romanas en Mugardos. Foi unha visita moi interesante guiada pola arqueóloga que fixo o descubrimento, Susana Ricart Guillot, á que damos as grazas. Ademáis puideron disfrutar de antigos xogos romanos ao aire libre.
Actividade organizada polo departamento de
Xeografía e Historia.
martes, 11 de maio de 2021
Estrea de Arjé Breamo 2021
domingo, 11 de abril de 2021
Sementando poemas no paseo
Por iniciativa do concello os diversos centros educativos da vila fomos sementando poemas ao longo da última semana de marzo para conmemorar desta maneira tan entrañable o día da poesía. Deixamos aquí algunhas fotografías e vídeos da nosa aportación.
domingo, 21 de marzo de 2021
Mes de marzo, actividades do día da muller
Durante todo o mes de marzo lembramos no instituto o día 8, día internacional da muller. Un vestíbulo cheo de referentes femininas no que vernos reflectidas.
Enlace ás conversas crecendo en igualdade
Conversas promovidas polo concello de Pontedeume e nas que participa alumnado de 4º ESO
mércores, 24 de febreiro de 2021
Alborada no día de Rosalía
Neste día de Rosalía 2021, Mariela, Yeray e Lucía de 2º ESO C, ofreceronnos esta coreografía, interpretación e arranxo de o tema musical de Uxía sobre o poema Alborada de Rosalía de Castro.
Moi bo traballo rapaces. Parabéns!
martes, 16 de febreiro de 2021
Entroido 2021 Photocall
Chegou o entroido e seguimos a voltas co covid. Este ano a situación non nos permitiu facer máis, pero a ilusión non nos falta e virán outros anos en que podamos volver a festexar.