mércores, 23 de decembro de 2020

Nadal


FELIZ ANO NOVO  2021  A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA
Con estes vídeos queremos ilustrar a celebración do Nadal no instituto, que ainda que marcado polo covid, non podíamos deixar pasar.




 

domingo, 8 de novembro de 2020

750 anos vivindo en Pontedeume

 Iniciamos o curso por fin, despois de tantos días en que só convivíamos vitualmente. E que mellor maneira de facelo que visitando a exposición "750 anos construindo a historia de Pontedeume" que como sabedes ten unha grande implicación co IES Breamo, xa que algunhas das persoas que máis traballaron nela, foron antigos alumnos do centro, e por suposto o profesor Carlos de Castro, que este ano xubilouse coincidindo con este magnífico traballo. Parabéns a todos eles.




Durante os meses de setembro e outubro as diferentes aulas e cursos do noso centro foron visitando a exposición






martes, 14 de xullo de 2020

Parabéns promoción 14-20

Este ano tan especial e no que pasamos un último trimestre tan complicado, despedimos á promoción 14-20. Parabéns polo voso traballo e o voso paso polo instituto do que gardamos tan boas lembranzas.
Ata sempre!






martes, 30 de xuño de 2020

"Herdeira" na casa da cultura

O pasado 25 de xuño tivo lugar, con aforo limitado e organizado polo concello de Pontedeume, a proxección na casa da cultura, da curtametraxe  Herdeira, creada por alumnado de 4º ESO como proxecto na materia de música, coa colaboración do departamento de tecnoloxía.
Esta curtametraxe enmárcase dentro do grupo de curtas do proxecto de creación audiovisual "Vidas mariñeiras" promovido polo GALP (grupo de acción costeira do Golfo Ártabro norte), que trata de poñer en valor o mundo do mar a través da creación audiovisual nos centros educativos.
Agradecemos a colaboración das mariscadoras de Pontedeume, a quen foi adicada a curta, á cofradía de pescadores, á biblioteca municipal Ramiro Fonte, ao concello e a todos os que axudastes a sacar adiante este traballo.


luns, 29 de xuño de 2020

Arjé teatro: premio especial á mellor adapatación

O grupo de teatro Arjé obtivo hai poucos días o "Premio especial do xurado á mellor adaptación" na fase autonómica dos XVII premios Buero de teatro xuvenil por  La zapatera caprichosa adaptación de La zapatera prodigiosa de Federico García Lorca. Esta peza xa fora levada á escena no 2018, pero non foi presentada ao certame ata este curso, no que a pandemia e o conseguinte confinamento truncaron os ensaios de "A visita do rancor" de F. Dürremat.
En setembro, se as condicións sanitarias o permiten, Arjé teatro rematará os ensaios e levará a cabo as funcións para o colectivo do IES Breamo.



PARABENS!!!

luns, 27 de abril de 2020

Gran traballo na casa!

Grazas rapaces e rapazas por todos os vídeos que enviáchedes da coñecida canción Resistiré que tanto escoitamos estes días. Con todos os recibidos ata onte, montamos este vídeo. Moito ánimo a toda a comunidade educativa e ás familias para rematar este curso 2019/20
Xa imos pola 5ª versión do vídeo e seguimos sumando aportacións!







martes, 14 de abril de 2020

10 de marzo. Rocódromo e Muncyt.

Tres días antes da suspensión das clases presenciáis en todos os centros educativos, o alumnado de 3º ESO, puido disfrutar dunha xornada de actividades na Coruña na que visitaron o museo de ciencia e tecnoloxía (Muncyt) e tiveron a oportunidade de practicar escalada no rocódromo. Sen dúbida unha xornada alegre e de convivencia que agora votamos de menos, pero coa certeza de que pronto retomaremos a actividade, a ledicia e os corredores e aulas repletos de rapazada.




                                   

Actividade organizada polos departamentos de educación física e tecnoloxía

martes, 7 de abril de 2020

Galicia un relato no mundo

O pasado 10 de marzo o alumnado de 1º Bac visitou a exposición Galicia, un relato no mundo na sede do GAIAS en Santiago, na que por grupos explicaron varias pezas de arte escollidas e previamente preparadas. Ademáis, pola mañá visitaron o Museo das Peregrinacións e a Casa do Cabido, no casco histórico da cidade compostelana.




Museo das Peregrinacións






                                                                 Casa do cabido

                                                                                     
      Exposición Galicia, un relato no mundo





Actividade organizada polos departamentos de lingua galega e música


domingo, 8 de marzo de 2020

Rasgando lo invisible

Durante toda a pasada semana, o alumnado de 2º e 3º ESO, estivo participando no obradoiro de fotografía Rasgando lo invisible, co que profundizaron a través da fotografía e da arte, na violencia de xénero. A exposición da fotógrafa Adela Rodríguez, permaneceu durante toda a semana no vestíbulo do centro, e foi visitada tanto por alumnado do IES Breamo como do IES Fraga do Eume, así como por outros compoñentes da comunidade educativa e do concello.

Vídeo creado sobre a exposición

Final provincial de cross

Despois da carreira preliminar de cross que tivo lugar en Cabanas o pasado mes de febreiro e na que participou todo o alumnado de 3° ESO, 10 corredores e corredoras foron seleccionados para participar o pasado venres 6 de marzo en Carballo. Parabens a todos eles!!!


XX mostra de teatro clásico de Lugo

Alumnado de latín e grego, cultura clásica e do grupo de teatro Arjé, asistiu o pasado 3 de marzo á XX Mostra de Teatro Clásico que un ano máis tivo lugar en Lugo.

sábado, 29 de febreiro de 2020

Entroido 2020

Todo o que puidemos ver no entroido 2020...
Formidable participación!






 Celebramos tamén a 2ª fase (de entroido) do VI concurso de artes escénicas

mércores, 26 de febreiro de 2020

Olimpiada de enxeñería

18 de febreiro, excelente participación de 5 alumnos e alumnas de 2º ESO: Noel, Celia, Jose Ángel, Aurora e Mateo, na  II olimpiada de enxeñería de camiños, canais e portos, que tivo lugar na escola superior de enxeñería da USC na Coruña.

"Esta Olimpíada, avaliou  a capacidade de resposta rápida e intuición estrutural de diferentes grupos de estudantes de secundaria traballando en equipo, a súa actitude diante dos problemas ou a adaptación a medios e ferramentas de traballo limitados"


 
 

Ponte de Da Vinci






Involución

11 de febreiro. Alumnado de 3º ESO asiste no Teatro Principal de Santiago ao espectáculo Involución que aúna danza, teatro, circo e música.







mércores, 5 de febreiro de 2020

Obradoiros e charlas en xaneiro

Durante o pasado mes de xaneiro tivemos unha gran variedade de obradoiros e charlas no instituto.

Tukután. Obradoiro emocional a través do ritmo e o movemento. (Alumnado 1º ESO)








Amelia Tiganus falounos sobre explotación sexual (alumnado de bacharelato)




Obradoiros de Agalure sobre xogo e ludopatías


Charla sobre transplantes organizada polo departamento de Bioloxía

Educando en igualdade. Obradoiros para 2º ESO




domingo, 2 de febreiro de 2020

Día da paz 2020

30 de xaneiro, celebramos o día da paz, entre os murais elaborados,  as melodías interpretadas e as palabras d@s correspondentes xuvenís que nos lembran a importancia de convivir en paz.


domingo, 26 de xaneiro de 2020

Qu´est-ce qu´on a encore fait au bon Dieu

24 de xaneiro, mañá de cine en francés nos cines de Narón. Máis de 150 alumnos e alumnas de francés do centro asisten á proxección desta película.


A vampire story

17 de xaneiro, mañá de teatro en inglés na sede de Afundación en Ferrol coa proposta teatral A vampire story inspirada no clásico de Drácula de Bram Stoker. Unha versión auténtica, extravagante e divertida na que se precisou moito da colaboración do público entre o que se atopaba o alumnado de 3º ESO do IES Breamo.




III Semana de esquí en Andorra

Por terceiro ano consecutivo o alumnado de 1º Bac, a través do seminario de educación física, tivo a posibilidade de participar neste mes de xaneiro, nunha semana de práctica de esquí en Andorra, unha oportunidade e unha experiencia que non van esquecer.