mércores, 27 de novembro de 2019
IES BREAMO EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 de novembro: alumnado de todos os cursos da ESO asiste á concentración convocada na plaza do concello en contra da violencia de xénero.
domingo, 24 de novembro de 2019
Un ano máis "Vidas mariñeiras"
Un ano máis apostando polo audiovisual, alumnado de 4º ESO participa no programa Vidas mariñeiras impulsado polo GALP (grupo de acción costeira do golfo ártabro norte) e coa axuda da cineasta Cristina de La Torre.
Á busca de entrevistas, lugares, ideas, personaxes, escenarios.
Á busca de entrevistas, lugares, ideas, personaxes, escenarios.
Traballando en equipo
domingo, 10 de novembro de 2019
2º BAC 5/11 Día en Compostela
Adóitase decir que o día é para ver e a noite para oir. No CGAC (centro galego de arte contemporáneo) fíxose a noite ás 12 do mediodía escoitando obras nocturnas de Debussy, Brahms e artistas contemporáneos como Manuel Rodeiro (Eumés) que nos presentou o seu Luar obra composta e inspirada en Centroña nos anos 90.
Xa de volta ao día visitamos a catedral coas explicacións de Carlos de Castro, así como o Pórtico da Gloria.
Alumnado de 2º Bac
Xa de volta ao día visitamos a catedral coas explicacións de Carlos de Castro, así como o Pórtico da Gloria.
Alumnado de 2º Bac
29 de outubro: Magosto, Samaín , Tíralle da lingua
Venda de castañas do alumnado de 4º ESO para financiar a súa excursión fin de etapa, campionato de futbol, actividades da biblioteca para celebrar o Samaín e creación dunha historia de medo colectiva, cantos arrepiantes do alumnado de obradoiro coral e final do concurso Tíralle da lingua a nivel de centro.
Gran actividade no último día de clase do mes de outubro!
Teatro en outubro
Os días 17 e 29 de outubro, diferentes cursos da ESO, asistiron a sendas actuacións de teatro no Pazo da Cultura de Narón.
Día 17 Lázaro de Tormes e día 29 Fillos do sol.
Día 17 Lázaro de Tormes e día 29 Fillos do sol.
Actividade do departamento de lingua
galega
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)