No XXII Certame escolar e afeccionado da Diputación da Coruña, Arjé Teatro foi galardonado co 2º premio na categoría cadete coa obra "O Veredicto" e o premio á mellor actriz secundaria cadete para Silvia Calvo.
Ademáis a nosa actriz, Noa Golpe, foi escollida para entregar os premios da categoría infantil.
Parabens!!!
domingo, 30 de xuño de 2019
Final do concurso de artes escénicas
Venres 21 de xuño. Con Diego e Álvaro como fantásticos presentadores, rematou a IV edición do concurso de artes escénicas do IES Breamo, que se estivo levando a cabo en varias fases durante o curso.
Parabens aos gañadores tanto individuais (David e Matías) como de grupos (Brais, Carlos, Antía e Marta) e tamén a todos os que participastes nesta ocasión e nas anteriores fases ao longo do curso. Animamos a todo o alumnado a participar na seguinte edición!!!

domingo, 23 de xuño de 2019
Quilómetros de solidariedade
Venres 21 de xuño. 10.30 da mañá, corremos a I carreira quilómetros de solidariedade en favor da asociación "Save the children". Unha actividade deportiva e solidaria a un tempo.
Grazas a todos pola vosa participación e esforzo e moitas grazas tamén aos colaboradores e patrocinadores.
Grazas a todos pola vosa participación e esforzo e moitas grazas tamén aos colaboradores e patrocinadores.
venres, 21 de xuño de 2019
domingo, 16 de xuño de 2019
GRAN ÉXITO DE ARJÉ BREAMO
Dous premios especiais do xurado nacional na 16ª edición dos premios "Buero" de teatro xoven na categoría escolar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)