Ligazón á publicación de Afundación
venres, 31 de maio de 2019
Falamos da escola
En dúas sesións, unha e abril e outra en maio, o alumnado de 1º e 2º ESO, tivo a oportunidade de participar no programa Falamos da escola o valor da experiencia. Afundación, a traves de programas interxeracionais de voluntariado, pon en contacto a persoas maiores cos máis novos, para transmitirlles os coñecementos e experiencias adquiridos ao longo de toda a vida, neste caso en relación coa experiencia escolar.
Ligazón á publicación de Afundación
Ligazón á publicación de Afundación
mércores, 29 de maio de 2019
Remando co club Firrete
En dúas xornadas durante este mes de maio o alumnado de 1º e 2º ESO, tivo a oportunidade de realizar prácticas de piragüismo supervisadas polo club Firrete.
Xornada na Capela
28 de maio. A través dos departamentos de lingua galega e ciencias sociais, o alumnado de 1º ESO visita o museo etnográfico da Capela e disfruta dunha andaina polas fragas e camiños desta fermosa zona.
domingo, 26 de maio de 2019
Éxito de Arjé teatro nos premios Buero de teatro xoven
Maio, martes 21. O grupo de teatro arjé, acada dous premios, na gala dos premios Buero 2019, que tivo lugar no centro ágora da Coruña.
Grupo gañador de Galicia pola obra O veredicto de Reginald Rose.
Premio á mellor actriz de reparto: Silvia Calvo Cendán polo seu papel como xurado nº 9.
Espectaculares!!!
Grupo gañador de Galicia pola obra O veredicto de Reginald Rose.
Premio á mellor actriz de reparto: Silvia Calvo Cendán polo seu papel como xurado nº 9.
Espectaculares!!!
luns, 20 de maio de 2019
Coñece as túas institucións
O alumnado de 2º ESO visitou o venres 10 de maio o parlamento de Galicia, actividade de valores éticos inscrita dentro do programa "Coñece as túas institucións"
mércores, 15 de maio de 2019
1º premio Buero de teatro xuvenil
Premio gañador da fase autonómica galega do 2019 ao grupo Arjé teatro do IES Breamo por "O Veredicto".
Arje teatro opta, xunto cos premiados das restantes convocatorias autonómicas, á selección dos catro mellores grupos para concurrir ao certame estatal de Madrid.
O martes 21 de maio será a gala de entrega de premios na Coruña, onde Arjé teatro optará a outras nominacións adicionais e representará unha escea escollida do drama.
Arje teatro opta, xunto cos premiados das restantes convocatorias autonómicas, á selección dos catro mellores grupos para concurrir ao certame estatal de Madrid.
O martes 21 de maio será a gala de entrega de premios na Coruña, onde Arjé teatro optará a outras nominacións adicionais e representará unha escea escollida do drama.
domingo, 12 de maio de 2019
Nin + nin - Iguais
Con motivo da conferencia que terá lugar no centro o día 14 de maio, que leva por título nin + nin - Iguais (encontros con mulleres senlleiras), dende o pasado venres 10, quedou colocada na entrada do centro a exposición dos premios María Josefa Wonenburger, cos que se quere recoñecer a mulleres profesionais de Galicia que souberon adiantarse ao seu tempo e abriron camiños a moitas outras.
Soporte vital básico (SVB)
Durante dúas tardes, 25 de abril e 2 de maio, alumnado de 4º ESO e 1º Bac así como profesorado, puidemos asistir a un curso de soporte vital básico, organizado polo departamento de bioloxía que comprende aquelas medidas que deben poñerse en marcha ante unha situación de parada cardio-respiratoria, ata a chegada dos servicios de emerxencia.
Medidas de grande interese para toda a cidadanía.
Medidas de grande interese para toda a cidadanía.
sábado, 11 de maio de 2019
Estrea "O veredicto"
Venres 10 de maio, o grupo de teatro Arjé, fai a estrea da obra "O veredicto" de Reginald Rose. Parabéns a todos os seus compoñentes polo excelente traballo realizado.
mércores, 8 de maio de 2019
martes, 7 de maio de 2019
Sendeirismo e piragüismo
30 de abril, alumnado de 4º ESO nas Fragas do Eume. Actividade de sendeirismo e piragüismo organizada polo departamento de Educación Física.
venres, 3 de maio de 2019
VI Ciclo de teatro afeccionado
O concello de Pontedeume, coa colaboración de Arjé teatro, organiza durante o mes de maio o VI ciclo de teatro afeccionado. As representacións serán os sábados pola tarde ás 20.30 no salón de actos do IES Breamo.
mércores, 1 de maio de 2019
Escalando
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)