martes, 26 de febreiro de 2019

Excelentes clasificacións

Venres 22 de febreiro, o alumnado de 2º ESO clasificado para a final de campo a través, trasladouse a Noia onde tivo lugar este campionato provincial.
O equipo cadete masculino acadou un excelente terceiro posto, e o equipo cadete feminino quedou cuarto clasificado a poucos puntos das terceiras. Parabens a todas e todos!!!




Concertazo didáctico

Concerto didáctico PANXEA. 21 de febreiro. O multinstrumentista Abraham Cupeiro e a Orquestra Real Filarmonía, ofreceron no auditorio de Galicia este fantástico concerto, ao que co alumnado de 2º ESO tivemos a sorte de poder asistir.
Con palabras do propio Abraham Cupeiro, A música traspasa fronteiras e non entende dos límites que pon o ser humano.





xoves, 21 de febreiro de 2019

Finlandia

Proxecto Erasmus 2019 (Alumnado 2º ESO)





Facendo crêpes

19 de febreiro. O departamento de francés organiza un obradoiro de elaboración de crêpes, contando coa axuda de expertas colaboradoras bretonas. Magnifique!!!

mércores, 20 de febreiro de 2019

Día da radio 2019

13 de febreiro, día mundial da radio. Entrevistas, gravacións, reportaxes, actuacións, tres horas de emisión en directo. Gran traballo dos alumnos que participan nesta materia de investigación e radio.

Todos os vídeos no blog das gabarras







luns, 18 de febreiro de 2019

Curtametraxes na casa da cultura.

12 de febreiro. Proxección, na casa da cultura de Pontedeume, das curtametraxes de vidas mariñeiras do IES de Canido de Ferrol  Atlántico de plástico e do IES Breamo Abrir os ollos. Proxectouse tamén a curta Entre o río e o mar elaborada por alumnado de 3ºESO do noso centro no pasado curso,   gañadora do premio ao mellor guión en OUFF Escola (Festival de cine de Ourense 2018)





No seguinte enlace podedes ver todos os traballos:


E neste enlace de vimeo:


xoves, 14 de febreiro de 2019

le grand bain


O pasado 6 de febreiro todo o alumnado de francés da ESO e bacharelato, tivo a oportunidade de asistir á proxección da película Le grand bain, en sesión de mañá para o noso centro nos cines de odeón.




luns, 11 de febreiro de 2019

Día da paz

30 de xaneiro, día da paz.Na biblioteca traballouse para facer as pombas que decoraron o vestíbulo. Un grupo de correspondentes xuvenís de 3º e 4º ESO informou ao resto do alumnado, da próxima carreira que terá lugar no centro, no mes de abril, en favor da organización Save the children.







Charlas e exposición no centro.

Durante a semana do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro, servicios sociais do concello achegou ao centro unha exposición sobre o cannabis, que se completou con charlas para alumnos da ESO sobre substancias prexudiciais.