domingo, 29 de decembro de 2019

Presentamos a curtametraxe "Herdeira" no Teatro Jofre.

Por terceiro ano consecutivo, o alumnado do IES Breamo participa no programa de creación audio visual Vidas mariñeiras. O pasado 19 de decembro tivo lugar a presentación das curtametraxes no teatro Jofre en Ferrol.
Vidas mariñeiras é un programa de formación audiovisual impulsado polo GALP (grupo de acción local pesqueira do golfo ártabro norte), co obxectivo de achegar o mundo do mar aos máis novos.
Nesta edición participaron tamén o IES Ferrol Vello, CPI As Mirandas de Ares, IES Terra de Trasancos de Narón e IES de Mugardos. 
Parabéns a todos eles e especialmente ao alumnado de 4º ESO do noso centro que participou no proxecto.










martes, 17 de decembro de 2019

O Nadal no Breamo


Concurso ilustra unha palabra, sorteo dunha cesta de Nadal (Excursión 4º ESO), estrelas colgantes e por suposto, a árbore de Nadal.

domingo, 1 de decembro de 2019

A maxia da robótica

Venres 29 de novembro. A través do departamento de tecnoloxía, alumnado de 4º ESO e 1º Bac participa no concurso de programación e robótica A maxia da robótica organizado polo concello da Coruña no IES Ramón Menéndez Pidal, conseguindo o 2º premio.

Parabéns a todos e todas!!!



Gran actuación na final "Tíralle da lingua"

O pasado 28 de outubro, o IES Breamo participou na final da XIX edición do concurso de relato curto Tíralle da lingua que tivo lugar no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia en Santiago.

Gran actuación dos nosos finalistas!!!







A ponte das verbas

Dentro do programa, A ponte das verbas, que convertirá a Pontedeume durante un mes na capital da literatura galega infantil e xuvenil, o alumnado da materia de investigación de 2º ESO tivo a oportunidade de manter un encontro cun dos seis escritores galegos galardonados co premio nacional de literatura infantil e xuvenil.
Coñeceron e entrevistaron a Paco Martín autor das Cousas de Ramón Lamote.





mércores, 27 de novembro de 2019

IES BREAMO EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 de novembro: alumnado de todos os cursos da ESO asiste á concentración convocada na plaza do concello en contra da violencia de xénero.






domingo, 24 de novembro de 2019

Un ano máis "Vidas mariñeiras"

Un ano máis apostando polo audiovisual,  alumnado de 4º ESO participa no programa Vidas mariñeiras impulsado polo GALP (grupo de acción costeira do golfo ártabro norte) e coa axuda da cineasta Cristina de La Torre.
Á busca de entrevistas, lugares, ideas, personaxes, escenarios. 
Traballando en equipo








domingo, 10 de novembro de 2019

2º BAC 5/11 Día en Compostela

Adóitase decir que o día é para ver e a noite para oir. No CGAC (centro galego de arte contemporáneo) fíxose a noite ás 12 do mediodía escoitando obras nocturnas de Debussy, Brahms e artistas contemporáneos como Manuel Rodeiro (Eumés) que nos presentou o seu Luar obra composta e inspirada en Centroña nos anos 90.
Xa de volta ao día visitamos a catedral coas explicacións de Carlos de Castro, así como o Pórtico da Gloria.
Alumnado de 2º Bac











29 de outubro: Magosto, Samaín , Tíralle da lingua

Venda de castañas do alumnado de 4º ESO para financiar a súa excursión fin de etapa, campionato de futbol, actividades da biblioteca para celebrar o Samaín e creación dunha historia de medo colectiva, cantos arrepiantes do alumnado de obradoiro coral e final do concurso Tíralle da lingua a nivel de centro.
Gran actividade no último día de clase do mes de outubro! 








Teatro en outubro

Os días 17 e 29 de outubro,  diferentes cursos da ESO, asistiron a sendas actuacións de teatro no Pazo da Cultura de Narón.
Día 17  Lázaro de Tormes e día 29  Fillos do sol.

Actividade do departamento de lingua
galega 

domingo, 20 de outubro de 2019

Paula Carballeira cóntanos historias arrepiantes

O pasado 16 de outubro a actriz Paula Carballeira estivo no centro animando a todo o alumnado a participar na edición Tíralle da lingua deste ano. Por iso, facendo gala do boa contadora de historias que é, mesmo nos fixo tremer cos contos que nos contou.




domingo, 13 de outubro de 2019

Recibimento na casa da cultura


Agradecemos ao concello o recibimento, o pasado 8 de outubro, ao alumnado francés (de Plabennec en Bretaña) que estes días está na nosa vila, realizando intercambio con alumnado do IES Breamo.




Entrevista a Joana Carneiro

O pasado 27 de setembro, alumnado de 1º Bac e 4º ESO entrevistou a Joana Carneiro, directora de orquestra que interpretou, xunto coa Orquestra Real Filarmonía, obras de tchaikovski e Adams o pasado 27 de setembro no auditorio de Ferrol.






mércores, 2 de outubro de 2019

Agradecemento

A ONG Save the children agradece a toda a comunidade educativa ter participado na carreira  Quilometros de solidariedade e así colaborar na defensa dos dereitos da infancia.
Aproveitamos a ocasión para dar a tod@s a benvida ao novo curso escolar 19/20.


xoves, 18 de xullo de 2019

A nosa horta

A través do programa de educación medioambiental, Voz Natura, que conciencia e implica á comunidade educativa galega na defensa da natureza, o noso centro ten desenvolvido durante os últimos anos o traballo de creación e mantemento da horta. Estas son algunhas imaxes do traballado este curso e dos froitos obtidos.