domingo, 30 de decembro de 2018

Carreira de cross

Carreira de cross enmarcada dentro das actividades do plan proxecta Xogade no que o centro está inscrito, tivo lugar o día 20 de decembro en Miño coa participación de alumnas e alumnos de 2º ESO.


venres, 28 de decembro de 2018

Estrea

Decembro, 18. Estrea das curtametraxes do programa vidas mariñeiras 2018. Proxección no teatro Jofre dos traballos do IES Canido Atlántico de plástico e do IES Breamo Abrir os ollos dúas curtas diferentes casualmente cun tema común: a contaminación no noso entorno.





xoves, 27 de decembro de 2018

Arte en Santiago

O pasado día 18 o alumnado de 2º Bac fixo unha saida ao CGAC (centro galego de arte contemporánea) en Santiago, para coñecer as exposicións Bleda & Rosa  Without, asistiron tamén ao concerto  de música contemporánea que precisamente sobre a exposición Without ofreceu o grupo Vertixe sonora. Xa pola tarde visitaron a catedral e o seu museo.



















domingo, 16 de decembro de 2018

Chegou o Nadal

Chegou o nadal ao instituto. Xa sabemos o número premiado na cesta de nadal que os alumn@s  de 4º sortearon para financiar a súa viaxe de fin de curso. Coincidindo co sorteo da ONCE do día 15 de decembro:

6741





mércores, 12 de decembro de 2018

Obradoiro de Rap con Garcia MC

Decembro, 5. Os rapaces de 2º ESO a traves da materia de investigación e radio, poden disfrutar un ano máis dun fantástico obradoiro de rap con García MC. Música verdadeira, letras que transmiten ritmo e valores.




martes, 4 de decembro de 2018

Entre o rio e o mar. Premio ao mellor guión no Ouff escola 2018

Entre o rio e o mar, curtametraxe realizada o curso pasado por alumnado de 3º ESO, e que tamén foi finalista nos premios Olloboi 2018 na categoría documental, recibiu onte o premio ao mellor guión no IX Certame de cine OUFF escola, dentro da 23ª edición do Festival de cine internacional de Ourense.
A curta realizouse dentro do programa "Vidas Mariñeiras" impulsado polo grupo de acción pesqueira do golfo ártabro norte (GALP), aos que agradecemos esta oportunidade de introducirnos no mundo audiovisual da man de fantásticos profesionais como Marcos Florez.









domingo, 2 de decembro de 2018

Experiencias

Durante a pasada semana os alumn@s de 2º ESO, puideron escoitar dúas interesantes charlas sobre as experiencias vividas por Felipe Carnotto, tras os pasos dos refuxiados da guerra de Siria; e por Jorge Pena, cruzando o Atlántico en solitario.