Nove alumn@s de 4º ESO están a gravar novamente unha curtametraxe dentro do programa vidas mariñeiras. Cunha temática moi diferente á do ano pasado, buscando espazos, lugares, entrevistas...
O 12 de novembro, nunha actividade conxunta dos departamentos de lingua galega e música, os alumn@s de 1º Bac, asistiron á exposición A Fronteira infinda na sede de afundación en Ferrol. Tiveron ademáis unha visita guiada ao teatro Jofre.
Entre os meses de outubro e novembro, o departamento de Ed. Física, organizou talleres de judo impartidos por Alberto Castro Pena, compoñente do equipo técnico da federación galega de judo.
5 de novembro, celebramos o magosto e o samaín no instituto. Os rapaces de 4º venderon as castañas para financiar a excursión de fin de curso. No ximnasio houbo xogos populares organizados polo departamento de E. Física e na biblioteca lectura de historias de medo e proxección de curtas.
Ademáis os alumn@s de 4º de música e artes escenicas representaron, tamén na biblioteca, unha performance arrepiante.
Outubro en Pontedeume, os alumn@s do proxecto erasmus recibiron a visita de compañeir@s islandeses e finlandeses, amosáronlles Galicia e compartiron experiencias e investigacións sobre a migración. Grazas á axuda da universidade da Coruña, Afundación e á ONG Accem.
Proxecto erasmus + (departamento de lingua inglesa)
Lembrando a dúas grandes artistas españolas que nos deixaron no 2018, despedímonos dos compañeir@s franceses que estiveron pasando uns días con nós no mes de outubro, co compromiso de volver a vernos pronto.
En setembro alumn@s de investigación gañadores de diferentes premios da radio no curso pasado, fixeron unha excursión a Oporto e outras vilas do norte de Portugal.
Ao comezar este blog, queremos lembrar os éxitos de Arje teatro no 2018, coas súas últimas obras "La zapatera caprichosa" e "Final de película" . Así como os premios acadados no certame de teatro da diputación da Coruña e nos premios Buero de teatro xoven.
Coincidindo coa celebración dos seus vinte anos de andadura.